Quen somos

Breve historia do Marino

 

 

O Marino de Mera C.F., con case cen anos de historia, é unha das entidades máis antigas da comarca. Foi fundado no ano 1924 col nome de Sporting Mera.

No 1930 cambia de nome e pasa a ser Marino de Mera, xa que a maioría dos seus compoñentes estaban relacionados co mundo do mar e máis o feito de ser un pobo mariñeiro.

 

Nos primeiros anos, dado que non existían ligas federadas, compite con pobos veciños que se retaban entre eles, de forma non oficial.

No ano 1943, figura como equipo federado e comeza a súa singladura nas competicións oficiais, militando nas categorías rexionais, en 1ª e 2ª división das Mariñas.

 

Entre os logros deportivos acadados, aínda hoxe se fala da final da Copa da Coruña xogada en 1951 contra o Oza Juvenil, o encontro rematou con un empate, tendo que xogarse un segundo encontro que se perdeu con un resultado polémico que sempre recordaba a xente de aquela época.

 

Tamén xogou outra final contra o Portazgo cando sólo participaban equipos das Mariñas, que se perdeu no campo da Granxa.

 

No ano 1996 xogouse outra final da Copa da Coruña en el campo de Riazor contra o Atlético Arteixo el tamén se perdeu.

 

No ano 2004, despóis de eliminar a equipos de Preferente e 1ª Rexional, quedou campeón da Copa das Mariñas-Arteixo enfrentándose na Final da Copa da Coruña contra o Español, final que unha vez mási se perdeu no campo de Arteixo.

 

O último logro señalable é a volta á Primeira Autonómica casi vinte años despóis, no verán de 2014. Aúltima tempada nesta categoría fora no ano 1991.

 

Na actualidade o Marino de Mera CF ten un gran proxecto de futuro con nenos que participan en todas as categorías do fútbol base. Temos inscritos máis de 150 cativos que son a base si logramos, como esperamos todos, contar a corto plazo cunhas instalacións deportivas modernas e adecuadas para poder consolidar este proxecto de futuro.