Obras Subiña 25 Novembro 

 

As noticias son boas e a segunda fase pronto será unha realidade nos presupostos municipáis.

 

As obras avanzan e xa temos a capa de asfalto e o cerre case rematado.

 

No mes de decembro a Directiva reunirase de novo cos representantes do Concello para tratar entre outros o tema do campo. A sintonía co Concello está a ser moi boa así como a comunicación clara e precisa.

 

Obras Subiña 10 Novembro 

 

As obras seguen por bon camiño e o avance estos días faise notar porque xa quedaron instaladas as catro torretas de alumeado con luces led que son un cambio moi grande para poder adestrar e xogar pola tarde/noite cunha calidade de visión óptima.

 

O peche está case rematado e unha gran noticia e que xa está a piques de levarse a pleno no Concello a aceptación das obras para a segunda fase e que farían que o campo fose 100% operativo.

 

No mes de decembro a Directiva reunirase de novo cos representantes do Concello para tratar entre outros o tema do campo. A sintonía co Concello está a ser moi boa así como a comunicación clara e precisa.

 

 

Obras Subiña 15 Outubro 

 

A esta as alturas a superficie sobre a que irá o terreo de xogo está preparada.

 

O peche están a piques de rematalo e xa están os postes para colocar as redes para que nos saian os balóns.

 

 

 

Estado das obras do campo novo 

 

A data de 3 de setembro o muro de contención da entrada está rematado como se pode ver na imaxe.

Tamén está feita toda a canalización de servicios.

 

 

E como podemos apreciar na imaxe, a preparación da drenaxe e das distintas capas sobre as que se montará o céspede artificial segue a bo ritmo e  xa se poden apreciar as dimensión do terreo de xogo e a orientación do mesmo.

 

 

Xullo-Agosto 2020 

 

As obras seguen a bon ritmo e nos plazos marcados. 

 

Quedaron feitos os traballos de canalización para a instalacion de infraestructuras e agora estase a facer o muro de contención da entrada.

 

 

 

 

 

As obras do campo novo en marcha

 

O pasado xoves día 18 de Xuño comezaron as obras da primeira fase do campo municipal zona norte de Oleiros, do que fará uso o Marino C.F.

 

O día anterior a Directiva do club reunírase co concelleiro responsable de Obras Públicas para tratar o desenrolo das obras.

Foi unha reunión moi cordial e productiva, onde se nos comunicou o comezo das obras desta primeira fase que si todo segue o seu curso estarán rematadas antes de fináis de ano.

 

Esta primeira fase inclúe o terreo de xogo, preinstalación de todo o suministro de servizos, torretas de iluminación e peche do recinto.

 

Tamén se falou das seguintes fases, e a posibilidade de cambios no previsto inicialmente.

 

Para as seguintes fases, vestiarios, urbanización da zona externa principalmente e gradas ainda non hai un prazo pechado i estase a ver como repartilas para ter o campo operativo o antes posible.